logodeporte galego
    • 07/03/2014

    As Minimotard pitbikes chegan ao CGV

    Dentro do CGV F70-CLASICAS-MINI, nas probas celebradas en Galicia, os clubes organizadores van a organizar competicións de Minimotard.

     

    Trala reunión mantida na F.G.M. cos clubs organizadores de probas do Cto. Galego de Velocidade Scooter / MiniGP e T.C. Scooter e Motos Clásicas 2014 para plantexarlles a posibilidade de incluír nestas probas adestramentos e mangas para as categorías de Minimotos e Minimotard (Pit-Bikes), a proposta foi acollida con agrado e serán trasladas a Comisión Delegada para a súa aprobación. A continuación expoñemos as bases da proposta:

    MINIMOTARD 2014:

    Sempre que teñan un mínimo de participantes inscritos en tempo e forma os clubs organizadores incluirán adestramentos e mangas para a categoría de MINIMOTARD con Pit-Bikes que non serán puntuables para ningún Campionato, Trofeo ou Copa.

     A idade mínima para participar nesta categoría será de 15 anos cumpridos.

     Esta categoría será competitiva cando se inscriban tres ou mais pilotos con licenza de Minimotard (que terá un custe de 180 euros). Neste caso o importe da inscrición para cada proba será de 51 euros e os pilotos terán dereito a clasificación e para os tres primeiros podio e trofeo. A forma e prazos para realizar as inscricións e pagar e igual que para todas probas dos Ctos. Galegos: a través da web da FGM cunha antelación de 7 días a celebración da proba ou fora de prazo ata 3 días antes pagando recargo (68 euros as inscricions fora de prazo).

     Poderán participar pilotos con licenza non competitiva Seareiros Anual ou dunha sola proba, sen opción a clasificación, podio nin premios. O importe da licenza Seareiro para unha soa proba incluída a inscrición e de 77 euros (46 lic. 1/P + inscrición). Os que tramiten a licenza Seareiro Anual (135 euros) só terán que pagar a inscrición de cada proba (31 euros).

     Categorías: única

     Regulamento técnico: o do Trofeo Nacional de Pit-Bike (adxuntamos)

     Adestramentos: 15 minutos de adestramentos libres e 10 minutos de cronometrados

    Mangas: 2 mangas de 12 minutos + 2 voltas.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores