logodeporte galego
    • 04/03/2014

    Aprazado Enduro de Rodeiro

    Aprazamento proba do Cto. Galego de Enduro de Rodeiro calendada para o 9 de Marzo.

    Pola presente comunicamos que recibimos nesta FGM escrito do Moto Club Deza solicitando o aprazamento da primeira proba do C.G. de Enduro 2014 que tiña previsto organizar en Rodeiro o día 9 de marzo.

     

    Polo que informamos que esta proba non se celebrará na data inicialmente prevista. Cando o club organizador propoña a nova data para a que solicita o aprazamento será sometida á aprobación da Comisión Delegada da FGM e informarase aos participantes e clubs. 

     

    Os pilotos que pagaron a inscrición para esta competición e queiran cambiar o importe para a inscrición noutra proba deberán comunicalo a FGM coa debida antelación (7 días antes da proba para a que solicitan cambiar o importe da inscrición). Para solicitar a devolución da mesma deben facelo enviando un correo electrónico a info@fgmoto.org ou inscricions@fgmoto.org. No caso de non recibir comunicación manterase o importe para a nova data de celebración que se determine para a proba aprazada. Neste caso cando se publique a nova data de celebración, se algún piloto inscrito non puidera asistir deberán comunicalo a FGM coa debida antelación para a devolución do importe da súa inscrición.

     

    O que comunicamos para xeral coñecemento, especialmente para o de aqueles pilotos que teñen previsto participar neste Campionato.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores