logodeporte galego
    • 17/02/2021

    ADESTRAMENTOS FEDERADOS 2021

    NORMATIVA A PARTIR DO 26 DE FEBREIRO

    No novo decreto do 25 de febreiro establecense as novas restriccións de mobilidade.

    Os deportistas federados poderán seguir adestrando nas seguintes condicións:

    - Comunicar o adestramento na zona privada de federado na web fgmoto.org

    - Adestrar dentro do concello de forma individual en instalación ao aire libre.

    - Segundo a mobilidade da tua area poderás desprazarte a outro concello sempre que estea no mesmo nivel.

    - Consulta na guía que se achega as restriccións de cada nivel.

    - Respetando o toque de queda: Non sair antes das 06:00 nin chegar despois das 22:00 ao teu lugar de residencia.

    - Unha vez inscrito nun CE ou CG poderás solicitar un certificado de mobilidade para adestrar no circuito ou alternativa mais cercana ao lugar de residencia. Cunha antelación máxima de 4 semanas antes do evento no que esteas inscrito. Non está permitida a mobilidade para probas de ctos. rexionais de outras comunidades (protocolo RFME CSD).

    - Levar sempre consigo o certificado da federación e do clube coa motivación de porqué non podes adestrar no teu concello.  Os alumnos de escolas de pilotaxe ademais do certificado federativo deben levar o da escola co programa de adestramentos motivado á preparación do CE ou CG.

    - Atender as restriccións de mobilidade do teu concello que poden ser mais restrictivas e restrinxir a saída incluso para adestrar.


    Podes descargar a guía simplificada publicada pola SXD.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores