logodeporte galego
    • 10/06/2015

    ADAPTACIÓN DAS PORTAS DO CGT ÁS DO CET

    Novos pasos e cores de portas nas categorías do CGT para adaptarse ao CET

    CIRCULAR INFORMATIVA PILOTOS CTO. GALEGO TRIAL

    CTO. GALEGO TRIAL CON CTO. ESPAÑA TRIAL

    EN TEO e BAIONA

     

    Con motivo das probas do Cto. Galego de Trial a organizar polo Club Motociclista Teo o día 21/06/2015 e pola Peña Moteros Valmiñor o día 18/10/2015 conxuntamente con probas do Cto. de España de Trial, da mesma forma que xa sucedera nas tempadas anteriores, cumpre adaptar certas especificacións para facer posible o desenvolvementos das probas:

     

    Inscricións: os pilotos galegos con licenza homologada que realicen súa inscrición a RFME para participar nesas probas do Cto. de España, non terán que realizar a súa inscrición nas probas do C.G. Galego que se celebran nesas mesmas datas para a que xa se considerarán inscritos.

     

    Verificacións administrativas e técnicas: as verificacións tanto para os participantes no Cto. Galego como para os que participan no Cto. de España serán o día anterior a proba pola tarde: sábado no horario establecido para as probas do Cto. España. Se algún dos pilotos que soamente participan no Cto. Galego tivera algún problema que imposibilite poder asistir as verificacións do sábado, deberán comunicalo a FGM cunha antelación de 48 horas ao horario establecido para o inicio destas e previa autorización poderán presentarse a verificar o día da proba con 45 min. de antelación a saída.

     

    Horarios Sábado:

    Apertura e peche zona de adestramentos: de 10:00 h. a 13:00 h.

    Visita zonas pilotos: de 14:00 h. a 17:00 h.

    Verificacións administrativas e técnicas: de 17:00 h a 19:00 h.

     

    Domingo: So os pilotos están autorizados a inspeccionar a zona antes de facela, sempre con autorización do xuíz.

      

    Horario de saída: A hora de saída dos primeiros participantes será publicada na web daRFME e na web da FGM, comezando polos participantes no Cto. Galego. Os horarios de saída para cada participante serán publicados o sábado pola tarde despois de finalizar as verificacións. Os pilotos que participen nos dous Campionatos tomarán a saída na hora que lles corresponda pola súa participación no Cto. de España, levarán a tarxeta de puntos e o dorsal que lle corresponda no Cto. de España.

     

    Excepcionalmente o tempo para realizar cada zona será o mesmo que no Cto. de España: 1’30´´ + 10´´ de tolerancia penalizados con  1 punto (+ de 1´40´´ = fiasco)

     

    As cores das sinais nas zonas para os pilotos do Cto. Galego nesta proba serán as seguintes:

     

    - TR1 de Cto. Galego: triángulo VERDE fondo BRANCO (CET categorías JUNIOR/TR3)

    TR2 de Cto. Galego: triángulo AMARELO fondo BRANCO (CET categorías TR4/CAD)

    TR3 de Cto. Galego: triángulo BRANCO fondo ENCARNADO (CET categorías XUV-A/VET)

    TR4 de Cto. Galego: triángulo BRANCO fondo AZUL (CET categoría XUV-B)

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores