logodeporte galego
    • 16/11/2017

    ABERTO PRAZO PARA CALENDAR PROBAS FGM 2018

    As solicitudes deben enviarse antes do 29 de decembro

    SOLICITUDES COMPETICIÓNS CAMPIONATOS GALEGOS 2018

     

    Para ser sometido a estudo polos órganos competentes e posterior presentación a Asemblea Xeral da F.G.M. para a súa aprobación, os clubs afiliados a esta Federación interesados na organización de competicións puntuables para os CAMPIONATOS GALEGOS 2018, e outras competicións a calendar para o próximo ano, deberán enviar a esta F.G.M. antes do día 29 de decembro do 2017, as solicitudes das competicións que desexen organizar, indicando: data prioritaria, datas alternativas e lugar de celebración (as datas das competicións dos Ctos. Galegos non deberán coincidir coas dos Ctos. de España da mesma modalidade). Xunto coa solicitude de cada proba deberán remitir os requisitos esixidos por acordo da Asemblea, entre os que se atopan a garantía económica (ingreso, cheque ou aval de 1.200,00.-euros) e os permisos ou declaración de intención para autorizar a competición por parte dos Concellos e Comunidades de Montes ou propietarios dos lugares nos que está previsto celebra-la proba, e ademais, cando se trate de probas de Motocross, Supercross, ou Scooter, un esbozo ou plano a escala do circuíto indicando as dimensións (pista, parque de corredores, instalacións complementarias, situación dos comisarios de sinalización, etc).

     

    Motivado aos problemas cos que se atopan os clubs para organizar as probas no medio natural, resulta necesario enviar xunto coas solicitudes para a organización das probas de Enduro e Trialun mapa a escala do percorrido, que non debe discorrer por zonas protexidas ou de especial interese natural nin de patrimonio histórico, coas indicacións que correspondan (emprazamento das probas especiais, dos controis horarios, das zonas, etc.).

     

                Motivado as medidas para a prevención de incendios forestais establecidas polo Decreto 105/2006 do 22 de xuño e a Lei 3/2007, recomendase evitar a época de máximo risco de incendios para a organización de probas en terreos forestais, pois é necesario que os organizadores soliciten autorización expresa a correspondente delegación provincial da Consellería do Medio Rural, que pode autorizar ou prohibir a celebración das competicións. Aínda que a época de máximo risco de incendios pode variar, en anos anteriores foi dende o mediados de xuño ata finais de setembro, tendo chegado en ocasións ata mediados de outubro.

     

    Lembramos ca normativa actual establece que os permisos a Consellería do Medio Rural deben ser solicitados cunha antelación mínima de tres meses a data prevista para a celebración da proba.

     

                Achegamos impreso de solicitude de competicións, que deberá ser recibido nesta Federación, cumprimentado, asinado e selado polo club, antes do día 29 de decembro do 2017

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores