logodeporte galego
    • 28/04/2014

    4 DE MAIO - CTO. ESPAÑA TRIAL EN CANGAS (PO)

    O mc Aldán organiza unha proba do campionato de España de Trial TR3 TR4 CADETE XUVENIL e FEMINAS. As zonas e area de saída estarán no entorno do porto de Aldán. Coincidindo con esta proba disputarase a terceira competición puntuable para o CGT. Gabriel Marcelli, actual lider do nacional cadete, Ruben Gomez en TR3 e Martín Riobo en Xuvenil serán as principais bazas galegas con opción de podio. 

    MODIFICACIÓN EQUIVALENCIAS CATEGORÍAS CTO. ESPAÑA E CTO. GALEGO TRIAL ALDÁN 04/05/2014

     

     Ante as solicitudes recibidas de clubs e pilotos referente a compatibilidade dos niveles das distintas categorías na proba do Cto. Galego de Trial que organiza o M.C. Aldán o día 04/05/2014 conxuntamente coa proba do Cto. de España de Trial, despois de realizar a consulta cos membros da Comisión Delegada, acordouse que as equivalencias entre as categorías do Cto. Galego e do Cto. de España nesta proba serán as seguintes:

     

     TR4 Cto. Galego: as mesmas zonas que Féminas B / Xuvenil B do CET (sinais azuis)

     TR3 Cto. Galego: as mesmas zonas que Xuvenil A do CET (sinais encarnadas)

     TR2 Cto. Galego: as mesmas zonas que TR4 / Féminas-A / Cadetes do CET (sinais amarelas)

     - TR1 Cto. Galego: as mesmas zonas que TR3 e Junior do CET (sinais verdes)

     lembramos que:

      Verificacións administrativas e técnicas: as verificacións tanto para os participantes no Cto. Galego como para os que participan no Cto. de España serán o día anterior a proba pola tarde: sábado día 03/05/2014 no horario establecido para as probas do Cto. España. Se algún dos pilotos que soamente participan no Cto. Galego tivera algún problema que imposibilite poder asistir as verificacións do sábado, deberán comunicalo a FGM cunha antelación de 48 horas ao horario establecido para o inicio destas e previa autorización poderán presentarse a verificar o día da proba con 45 min. de antelación a saída(que se publicará na web da FGM)

    Horario Verificacións: Sábado 03/05/2014 de 16:30 h a 19:30 h.

    Horario Verificacións Domingo: 8:00 - 8:45 h.

    Horario inspección zonas: Sábado 03/05/2014 de 12:00 h. a 17:00 h.

    Domingo: So os pilotos están autorizados a inspeccionar a zona antes de facela, sempre con autorización do xuíz.

    Parque pechado: como no Cto. de España non se realiza parque pechado, nesta proba do Cto. Galego de forma excepcional tampouco se realizará.

    Horario de saída: A hora de saída dos primeiros participantes será publicada na web daRFME e na web da FGM, comezando polos participantes no Cto. Galego. Os horarios de saída para cada participante serán publicados o sábado pola tarde despois de finalizar as verificacións. Os pilotos que participen nos dous Campionatos tomarán a saída na hora que lles corresponda pola súa participación no Cto. de España, levarán a tarxeta de puntos e o dorsal que lle corresponda no Cto. de España.

     

    Excepcionalmente o tempo para realizar cada zona será o mesmo que no Cto. de España: 1’30´´ + 10´´ de tolerancia penalizados con  1 punto (+ de 1´40´´ = fiasco)



    O paddock estará situado no porto pesqueiro de Aldan, terá puntos de luz e auga, duchas,  baños, taperías e restaurantes cerca.
     
    hotel; Don Hotel 986304400, 25€ habitación individual e 35€ habitación dobre.
     
    O paddock estará aberto toda a semana atendendo a todala xente que vaia chegando.
     
    10 zonas a 2 voltas, haberá zonas de monte con tierra e pedra e zonas de costa todo pidra,  duas indoor. Interzona de 10 km.


    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores