logodeporte galego
    • 11/04/2014

    27 abril - Comeza o CGV en Braga

    A primeira proba do Cto. Galego de Velocidade 2014 vaise celebrar no circuíto Vasco Sameiro de Braga (P).

    Un ano máis o CGV de Supersport e Extreme disputase conxuntamente co CNV de Portugal. Seis probas (3 en Braga e 3 en Estoril) do portugués serán puntuables para o campionato galego. Abre Braga o 27 de abril. A partir das 15:30 do domingo (hora galega) comezan as diferentes carreiras programadas. O CAM organiza o sábado pola tarde adestramentos privados para todas as categorías. Manuel García Rendo (Extreme) e Hugo Fernandez Moreira (Supersport), actuais campións galegos, teñen que defender título ante os novos pilotos que puxan con forza por desbancalos.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores