logodeporte galego
    • 13/10/2014

    XA TEMOS OS NOVOS CAMPIONS GALEGOS DE VELOCIDADE 2014

    Vicente Deira (Extreme) e Alfonso Vazquez (Supersport), vencedores

    ULTIMA PROBA CTO. GALEGO VELOCIDADE – BRAGA 12 / 10 /2014

    Vicente Deira e Alfonso Vázquez, Campións Galegos de Extreme e Supersport

     

     O circuíto de Braga acolleu a sexta e derradeira proba do Cto. Galego de Velocidade nas categorías de Supersport 600 c.c. e Extreme 1.000 c.c. que se disputan conxuntamente co Cto. Nacional de Velocidade de Portugal.

                 Aínda que amencia coa pista húmida e con aviso de alerta amarela por chuvia, a proba disputouse baixo un bo día e totalmente en seco.

                 Na categoría de Supersport, Alfonso Vázquez que partía da sexta posición, realizou unha moi boa saída situándose nas primeiras posicións o inicio da proba, rodando na segunda posición durante as primeiras voltas. Tras ser superado por outros pilotos portugueses que non puntúan para o Cto. Galego, logrou finalizar a proba na 4ª posición xeral, sendo o primeiro dos galegos e logrando desta forma o título de Campión Galego de Velocidade Supersport. Finalizando na seguinte posición o segundo galego clasificado, Cesar Cimadevila, que logra o título de Subcampión Galego.

                 Na categoría de Extreme Vicente Deira sufría unha rotura no motor da súa motocicleta nos adestramentos privados do sábado. Tivo que cambiar de moto e saír a competir con outra motocicleta de anos anteriores a que non estaba adaptado. Tendo que conformarse coa 7ª posición de saída, xusto por detrás doutro galego que competía nesta categoría, Antonio J. Suárez que partía no sexto lugar. Posicións que mantiveron durante a metade da proba ata que Antonio J. Suárez logra adiantar un posto, finalizando como o primeiro galego clasificado e na 5ª posición da clasificación xeral (incluídos os pilotos portugueses), seguido de Vicente Deira que foi o segundo clasificado na proba e logra o título de Campión Galego de Extreme. Sendo o de Subcampión para Antonio J. Suárez. 

    Descargar fichero
  • Zona Privada

    Realiza tus trámites de manera rápida y cómoda mediante la nueva Zona Privada, totalmente compatible con tablets y smartphones.

    Acceder

Patrocinadores