logodeporte galego
    • 02/02/2015

    TROFEO GALEGO DE SCOOTER CLASICO PROTO

    Nova categoría no TGV Scooter Clásico

    A F.G.M. convoca o Trofeo Galego de SCOOTER PROTO 2015. Para realizar as probas desta categoría teñen que estar inscritos en tempo e forma un mínimo de 8 pilotos. As mangas desta categoría realizaranse sempre por separado dos Scooter Clásicos así como de calquera outra categoría.

     AVISO IMPORTANTE: Para poder concretar se haberá o mínimo de 8 pilotos para convocar a categoría Protos é necesario que cunha antelación mínima de 10 días a celebración da primeira proba (antes do día 12 de marzo) os interesados en participar nesta categoría envíen a FGM por correo electrónico ou fax o seu compromiso de realizar a inscrición e tramitar a licenza no caso de confirmarse o mínimo dos oito inscritos necesarios para realizar a proba nesta categoría.

     Rexerase polo regulamento do Trofeo Galego de Scooter Clásicos pero coas seguintes especificacións no regulamento técnico que se achega en arquivo adxunto.

    Descargar fichero
  • Zona Privada

    Realiza tus trámites de manera rápida y cómoda mediante la nueva Zona Privada, totalmente compatible con tablets y smartphones.

    Acceder

Patrocinadores