logodeporte galego
    • 23/02/2015

    RUBEN FERNANDEZ GAÑA A PRIMEIRA DA COPA NACIONAL MX125

    Vence nas duas mangas de Malpartida (Cáceres)

    RUBÉN FERNÁNDEZ, VENCEDOR NA PRIMEIRA PROBA DA COPA DE ESPAÑA DE MOTOCROSS MX125

     

    O pasado domingo, 22 de febreiro, celebrouse en Malpartida (Cáceres) a primeira proba da Copa de España de Motocross MX125 2015 na que o galego Rubén Fernández lograba a vitoria nas dúas mangas celebradas. O día anterior xa mostrara un claro dominio tras impoñerse con autoridade nos adestramentos cronometrados. Rubén comeza a tempada defendendo o título de Vencedor da Copa de España de Motocross MX125 que xa lograra de forma consecutiva nos dos anos anteriores (2013 e 2014) mostrándose como o favorito a revalidar o título no 2015.

    A próxima proba da Copa de España de Motocross MX125, do total das seis as que está convocada, está prevista para os dias 11 e 12 de abril en Bellpuig (Lleida)

  • Zona Privada

    Realiza tus trámites de manera rápida y cómoda mediante la nueva Zona Privada, totalmente compatible con tablets y smartphones.

    Acceder

Patrocinadores