logodeporte galego
    • 09/06/2015

    O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL CHEGA A GALICIA

    A cita será en Lampai-Teo o próximo 21 de xuño

    A sexta proba do CET chega a Galicia-Teo da man do Club Motociclista de Teo.

     

    CANDO: 21 XUÑO

    ONDE: LAMPAI TEO

    ORGANIZA: CM TEO

    + INFO

    https://www.facebook.com/club.motociclistateo.7?fref=ts

    http://cmteo.com/gl/


     

    SEGUIMENTO TRIAL

     

     

     

    ZONAS

     

    Nos montes de Lampai-Veitureira, esperan 10 zonas variadas por compoñentes naturais do entorno.

     

    Zonas 1 e 2

     

    As mais alonxadas do paddock, terán dificil acceso para o público. O terreo e de terra e dependendo da climatoloxia pode ter o risco de estar moi esbarradiza, xunto coa pendente do terreo será a principal dificultade.

     

    Zonas 3 e 4

     

    Situadas no mirador de a AGRELA, as mais espectaculares polas grandes rochas donde os pilotos terán grandes cortados e voadas. Moi bos os accesos para público.

     

    Zona 5

     

    É un comodín para que os pilotos podan recuperar, non por iso sinxela. O terreo chan e as rochas moi redondas.

     

    Zonas 6 e 7

     

    A dureza do trial comeza con estas zonas situadas en pendente e grandes rochas.

     

    Zonas 8, 9 e 10

     

    Situadas o carón do paddock, atoparemos todo tipo de obstaculos naturais, fortes escalóns, doble escalóns, voadas, colocacións, fortes rampas.

     

    INTERZONA

     

    Un percorrido de aproximadamente 7 km, con todo tipo de terreo para ledicia de pilotos, mochileros, afeccionados. Caracterízase por duas zonas moi delicadas a subida ó mirador a AGRELA e a subida o PADDOCK, son subidas con forte pendente, rochas e terreo roto o cal dificultará o trial para os participantes.

     

     

     

    PROGRAMA

     

    SPEA RFME CAMPIONATO DE ESPAÑA TRIAL

     

    VII TRIAL CONCELLO DE TEO

    VENRES: 
    15:00Apertura de Paddock
    19:00Reunión Presidente Xurado e Organizador
    SÁBADO: 
    09:00

     

    Apertura Secretaría de Carreira

     

    10:00

     

    Apertura Zoa Adestramentos

     

    10:00

     

    Visita das zoas Presidente do Xurado

     

    13:00

     

    Fin Adestramentos

     

    14:00 - 17:00

     

    Visita zoas pilotos

     

    17:00 - 19:00

     

    Verificacións Administrativas e Técnicas

     

    18:00

     

    Briefing xuices zoa

     

    19:15

     

    Publicación horario saída

     

    19:30

     

    Reunión xurado

     

    DOMINGO:

     

     
    08:30 - 09:00

     

    Saída do primeiro participante


     

    Moitas comodidades vos temos preparadas para os afeccionados que o domingo 21 queirades acompañarnos en Lampai, Tódolos seareiros que veñades coas vosas motos de trial poderedes seguir o trial pola interzona, teredes reservado na entrada de Lampai un aparcamento gratuito con acceso directo a interzona. Teremos unha cantina para o aperitivo e unha Pulpeira para darvos unha homenxe de polbo. Unha interzona entretida que poderedes percorrer libremente sempre tendo preferencia os pilotos en competición.

    Descargar fichero
  • Zona Privada

    Realiza tus trámites de manera rápida y cómoda mediante la nueva Zona Privada, totalmente compatible con tablets y smartphones.

    Acceder

Patrocinadores