logodeporte galego
    • 06/10/2014

    FORCAREI III - ÚLTIMA DO CGV F70, SCOOTER CLASICO e CLASICAS

    Na única categoría que quedaba por saberse o vencedor, Felipe Viso campión de Scooter Clásico

    Motos Vellas do Salnés organizou a sexta e última do CGV 2014. Coa maioría das categorías co campíon decidido, so faltaba por saber o gañador de Scooter Clásicos, o interés centrouse na loita polos podios da xeral.

    En Scooter Clásicos tres pilotos chegaban con opción a esta derradeira proba, e non podería comezar mais emocionante, a vitoria da primeira manga de David Villar situabao empatado a puntos na xeral do campionato con Felipe Viso, mentras Eloy Requejo, terceiro, dependía dun erro dos rivais. Xogabanse todo na segunda manga, quen cruzase primeiro a liña de meta dos dous era o novo campión. Requejo vencía a manga e a carreira pero o título ía para Viso que cruzaba terceiro, por diante de Villar, que finalmente tivo que conformarse co subcampionato.

    En F70, con Ignacio Román campión na proba anterior, a loita centrouse polo subcampionato entre tres pilotos. Marcos Masid venceu as duas mangas, o que lle valeu para ascender ata a terceira posición final, a só dous puntos de Rubén Gómez, que defendeu o segundo posto da xeral con dous segundos na Madalena.

    En motos Clásicas, Jorge Abal refrendou a sua vitoria na xeral con dous novos triunfos nas mangas.

    Os nenos e nenas da Liga Galega de Minimotos Infantil tamén compartiron pista coas suas actividades propias de aprendizaxe. 


    Descargar fichero
  • Zona Privada

    Realiza tus trámites de manera rápida y cómoda mediante la nueva Zona Privada, totalmente compatible con tablets y smartphones.

    Acceder

Patrocinadores