CONVOCATORIA DE SUBVENCIONS DA SXD
RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte,
pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións,
en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos....
http://deporte.xunta.es/index.php?idMenu=67&int1=2130&idIdioma=2
RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte,
pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións,
en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades
anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o
desenvolvemento de actividades deportivas, e pola que se procede á súa
convocatoria.
O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril,
recolle no seu artigo 27.22º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia
da promoción do deporte en réxime de exclusividade. En virtude desta competencia,
a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, establece que a Administración autonómica
promoverá o deporte de competición, así como tamén a competencia desta para
a concesión de subvencións ás asociacións deportivas de Galicia (artigos 4.g) e 5.1.e),
respectivamente).
Pola súa banda, a disposición transitoria terceira do Decreto 234/2012, do 5 de decembro,
polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia
da Xunta de Galicia, posto en relación co Decreto 325/2009, do 18 de xuño, polo
que se fixa a estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da
Xunta de Galicia, atribúelle á Secretaría Xeral para o Deporte as competencias da Comunidade
Autónoma en materia de deportes.