logodeporte galego
    • 13/04/2018

    CAMBIO DATAS NO CGT e CGMX

    MX Taboexa, Trial Arteixo e Trial Oviedo

    CIRCULAR INFORMATIVA F.G.M. Nº 01/2018   

    CAMBIOS DE DATAS CTOS. GALEGOS 2018

    Ante as solicitudes dos clubes organizadores á Comisión Delegada da FGM autorizou os cambios de datas nas probas dos Ctos. Galegos, Copas e Trofeos Galegos a continuación se detallan:

    - A proba do Cto. Galego de Motocross que tiña previsto celebrarse o 13 de Maio no Circuíto de Taboexa (As Neves), por motivo de cambio de datas no CEMX, hai que cambiala de data e pasa a celebrarse o 2 de xuño. 

    - A proba do Cto. Galego de Trial calendada para Oviedo, por celebrarse co CET Clásicas, proba que foi retrasada unha semana,  pasando a celebrarse o sábado 2 de xuño póla tarde. 

    - Á proba do Cto. Galego de Trial de Arteixo do 22 de abril foille concedido un aprazamento, está pendente aínda a nova data de celebración, que será comunicada unha vez o moto clube Saltamontes comunique nova data.

    Serán consideradas válidas as inscricións recibidas para as competicións que cambiaron a data ou lugar de celebración. Os pilotos que non estiveran inscritos e desexen participar nas probas, deberán efectuar a súa inscrición en prazo e forma. Os que xa estaban inscritos e non poidan asistir deberán comunicaloa FGMcoa debida antelación. 

    O que comunicamos para xeral coñecemento, especialmente para o de aqueles pilotos que participan nas probas destes Ctos. Copas ou Trofeos. 

                                                               Vigo, 13 de abril de 2018

  • Zona Privada

    Realiza tus trámites de manera rápida y cómoda mediante la nueva Zona Privada, totalmente compatible con tablets y smartphones.

    Acceder

Patrocinadores