BRAGA III PECHA O CAMPIONATO GALEGO DE VELOCIDADE
O circuíto Vasco Sameiro acolle a última proba
O Clube Automovel do Minho organiza a sexta e derradeira competición do CGV 2014. Na categoría Extreme, con Vicente Deira xa proclamado campíon galego, aínda así o de Boiro ten moito en xogo xa que aspira a subir ao podio do campionato portugués de Superbikes que se disputa conxuntamente co galego, actualmente cuarto a falta de disputarse a proba bracarense e Portimao.
Na categoría Supersport, dous pilotos chegan a esta cita definitiva con opcións de proclamarse campíon galego, so 14 puntos separan a Alfonso Vazquez e Iván Cimadevila, con ventaxa para o primeiro, ao que lle vale acabar detrás do seu rival para levarse o CGV na categoría Supersport.
As carreiras son o Domingo a partir das 14:30 (hora portuguesa), podedes consultar horarios en arquivo adxunto.
Descargar fichero