BO COMEZO DOS PILOTOS GALEGOS NO CET
Martín Riobó gaña en Cadetes e Marcelli debuta en TR2 cun segundo posto
BOA ACTUACIÓN DOS GALEGOS NO INICIO DE TEMPADA DO NACIONAL DE TRIAL
Onte, día 31 de xaneiro, iniciouse o nacional de Trial na localidade de La Nucía (Alicante), onde os deportistas galegos tiveron unha destacada actuación: Martín Riobó vencía con rotundidade na categoría de Cadetes, sendo o único piloto desa categoría que realizou unha volta completa sen ningún punto de penalización.
Gabriel Marcelli, tras lograr o título de Campión de España de Trial Júnior no 2015, estreábase na categoría de TR2 logrando o 2º posto da clasificación.
Outros galegos que participaron nesta proba do nacional foron: Alen Damíl que finalizo una 6ª posición da categoría Júnior e Yago Armesto que foi 7º na categoría de Cadetes.
A seguinte proba do Nacional de Trial será en Mallorca o 28 de febreiro, na que confiamos en que os galegos volvan a lograr resultados destacados.
Acompañamos con fotografías de Grabriel Marcelli, do podio da categoría Cadete con Martín Riobó na primeira posición e do podio de TR2 con Marcelli no segundo posto.
Enlace con clasificacions http://www.rfme.com/web/prueba/20820
FEDERACION GALEGA DE MOTOCICLISMO